Front Line Assembly | |
---|---|
Orixe | Vancouver, Canadá |
Período | 1986 - presente |
Xénero(s) | música industrial, electro-industrial, EBM, metal industrial |
Selo(s) discográfico(s) | KK, Dossier, Third Mind, Wax Trax!, Roadrunner, Cleopatra, Off Beat, Metropolis, Dependent, Zoth Ommog |
Membros | Bill Leeb Rhys Fulber Jason Bazinet Jeff Swearengin |
Antigos membros | Michael Balch Chris Peterson Jeremy Inkel Jared Slingerland Adrian White Jed Simon |
Artistas relacionados | Blackland, Conjure One, Cyberaktif, Decree, Delerium, Equinox, Fauxliage, Fear Factory, Intermix, Left Spine Down, Mutual Mortuary, Noise Unit, Pro-Tech, Revelstoker, Skinny Puppy, Stiff Valentine, Synæsthesia, Unit 187, Will |
Na rede | |
mindphaser.com | |
Front Line Assembly (FLA) é unha banda canadense de electro-industrial formada por Bill Leeb en 1986 tras deixar Skinny Puppy. Influída por artistas electrónicos e industriais como Cabaret Voltaire, Portion Control, D.A.F., Test Dept, SPK e Severed Heads,[1] FLA desenvolveu o seu propio son combinando elementos da electronic body music (EBM). A formación do grupo foi cambiando coa rotación dos seus membros ao longo dos anos, incluídos Rhys Fulber e Michael Balch que están relacionados con moitos outros artistas e grupos.
Dende a súa incepción, o grupo publicou preto de vinte álbums de estudio e EPs, varios dos cales entraron nas listas de dance e electrónica da Billboard. Os álbums Tactical Neural Implant e Hard Wired son dúas das gravacións máis exitosas de FLA, sendo o primeiro considerado un clásico entre os seguidores da música industrial. O grupo tamén realizou bandas sonoras para videoxogos como o Quake III: Team Arena[2] (unha colaboración con Sonic Mayhem) e AirMech.[3] O seu álbum máis recente é Wake Up the Coma, publicado no ano 2019.